viernes, 18 de diciembre de 2009
MANIFESTACIÓN CONTRA O DESALOXO DAS ATOCHAS
Porque es lo que nos queda pelear por un lugar donde poder expresar compartir y cagarnos en dios fuera de sus viciados y podridos circuitos monetario-culturales. A ver si puedo escaparme desde Asturias para venir...
Ahi va la info publicada por la asamblea de la casa. Animo muchachada!
O sábado 26, ás 17 da tarde, no campo da leña (mal chamada praza de españa).
Este sábado 26 de decembro hai convocada unha manifestación, á que agardamos asistades... Esta vez non se trata só de brandir bandeiras, senón de acadar algo: que non desaloxen a Casa das Atochas. E é que a inxusta xustiza comeza a activar o seu sucio engranaxe para botarnos, despois de case dous anos, e para impedir que construamos na súa marxe as nosas vidas, que intentemos camiñar xuntos cara unha vida máis libre. É momento de demostrar que non nos deixamos manipular tan fácilmente, que non somos marionetas no seu xogo de donos e escravos, que non cremos nas súas propiedades.
Por iso: convocamos unha «Solemne Mani contra o Desaloxo da Real Casa das Atochas» na longa resaca do Nadal. Será un pracer para a asemblea compartir convosco, persoas, colectivos, nestas entrañables datas, esta xuntanza elaborada artesanalmente como antano, con ira e liberdade, contra o desaloxo, o aburrimento, os bancos, a lóxica, os cartos, as oposicións e a vida de ful, pola okupación, polas asembleas, pola igualdade, pola fraternidade, o aire... polo que non son gobernos, bancos, empresarios exemplares, vocacións, curros maravillosos, viaxes a Cancún, listas de boda... pol*s cormoráns, por tutatis, pola cara, polo santo punk, polas follas de herba, polo sagrado embigo, por palabras tan grandes como liberdade ou por palabras tan pequenas como cada unha das nosas vidas. Vinde ou enviade os vosos hologramas, ou anacos que desexedes mandar ou perder de vista. A rutina dos caciques non é a nosa lei; que o saiban.
E que non teñamos que arrepentirnos de non facer por manter unha casa na que ó longo de case dous anos estamos, estades a intentar vivir fóra da forma imposta. (Si, esa casa na que ti, jarcoreta, estiveches pogueando salvaxemente; na que ti, gafapasta, puxeches cara de interesante na presentación dun corto alternativo; na que ti, costra, entraches co teu calimocho e o bebiches dentro; na que ti, disidente, debatiches despois dunha palestra incendiaria; na que ti, voceir*, presentaches a publicación do teu colectivo; na que ti, jipi, compartiches o teu xantar e o teu sorriso; na que ti, gandul, ganduleaches ás túas anchas e conseguiches sentir esa casa como túa ...).
CONTRA O DESALOXO DAS ATOCHAS, MANIFESTACIÓN
No campo da leña (mal chamada praza de españa), o sábado 26 ás 17.... traede ganas de cambia-lo mundo ou, no seu defecto, pancartas, silbatos,antorchas...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario